Vigo

Valora este page

Concello de Vigo

Museo de arte contemporáneo:

  • MARCO Extramuros Roteiro Casco Vello
    por Iria el 13/03/2023 a las 1:26 pm

    18 marzo 2023 Volvemos coa segunda etapa do roteiro polo Casco Vello Vigués —guiado, como na primeira ocasión, por Rosa Sáenz— o vindeiro sábado 18 de marzo.Iniciaremos o percorrido na Praza da Constitución, seguindo pola Praza da Pedra e o antigo mercado da Laxe. Posteriormente, ascenderemos ata a Rúa Joaquín Yáñez, e, dende aí dirixirémonos á Praza da Princesa, rematando na Porta do Sol.A duración aproximada será de 3 horas. ler máis

  • Proxección do documental "Capturing Lee Miller" (VOSE) e coloquio posterior
    por Iria el 03/03/2023 a las 11:57 am

    9 marzo 2023 Club de lectura #BiblioMARCO / Biblioteca-Centro de DocumentaciónProxección do documental "Capturing Lee Miller" (VOSE) e coloquio posteriorComo actividade complementaria do Club de Lectura #BiblioMARCO, e no contexto do 8M Día Internacional da Muller, a Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO, organiza a proxección do filme "Capturing Lee Miller", seguida dun coloquio co público asistente.  ler máis

  • Roteiro nos barrios de Coia e Bouzas
    por Iria el 01/03/2023 a las 4:16 pm

    4 febreiro 2023 O sábado 4 de febreiro ás 11.00 volvemos ter una cita co noso amigo Ramón Ilarri, na que percorreremos os barrios de Coia e Bouzas.A idea é visitar o barrio de Coia, partindo do Pavillón Municipal e seguindo una ruta moi interesante que remata no polideportivo de Bouzas.No percorrido poderanse apreciar exemplos de arte urbana moi chamativos, que se atopan en lugares singulares, como podedes observar nas fotografías:                  ler máis

  • Roteiro Casco Vello
    por Iria el 01/03/2023 a las 4:10 pm

    21 xaneiro 2023 Este roteiro constará de dúas etapas polo Casco Vello Vigués, e será guiado por Rosa Sáenz.Partindo dende o Banco dos Contos e rematando na Praza de Almeida, ofrécese a oportunidade de descubrir a cidade dende outro punto de vista, destacando algunha rehabilitación levada a cabo nestes últimos anos.A duración aproximada da ruta será de tres horas.Así pois, vémonos o vindeiro sábado 21 de xaneiro ás 11.00h no Banco dos Contos, ao inicio da Rúa Pracer, preto de onde rematan as escaleiras mecánicas que suben dende a Porta do Sol. ler máis

  • Visita ao taller de Menchu Lamas e Antón Patiño
    por Iria el 01/03/2023 a las 4:01 pm

    5 marzo 2023 Menchu Lamas é unha das artistas máis destacadas da pintura española contemporánea. Iniciando a súa carreira artística no Colectivo dá Imaxe, fundaría, anos despois, en 1980, o Grupo Atlántica, xunto a un grupo de artistas galegos como Antón Patiño, Ánxel Huete ou Guillerme Monroy, co obxectivo de reactivar a arte galega. Pola súa banda, Antón Patiño formouse como artista visual e escritor. Realizando así, exposicións individuais en galerías e museos de Ámsterdam, Estocolmo, Nova York, París, Bordeus, Zúric, Stuttgart.  ler máis

  • ASAMBLEA AAM e PERFORMANCE DE ISOLDA COMESAÑA
    por Iria el 01/03/2023 a las 3:54 pm

    28 febreiro 2023 ORDE DO DÍA1º. Presentación da Memoria de Actividades 2022. 2º. Elección dunha nova Comisión Xestora. Agradeceríamos que todas as persoas, ou equipos, que teñan interese en formala, de xeito voluntario, o expresen na devandita reunión.3º. Rogos e preguntas. ler máis

  • Inauguración MARCO. LAXEIRO E A ARTE DA SÚA ÉPOCA
    por Iria el 21/02/2023 a las 9:39 am

    23 febreiro 2023 - 24 febreiro 2023 Con motivo da inauguración da exposición “LAXEIRO E A ARTE DA SÚA ÉPOCA” queremos convocarvos a un percorrido por salas guiado por Miguel Fernández-Cid, director do MARCO e comisario da exposición, o vindeiro xoves 23 de febreiro. Só para persoas pertencentes á Agrupación Amiga do MARCO.  Nesta ocasión, ao coincidir en xoves, a hora de inicio da visita adiántase ás 18.30, para que as persoas da AAM asistentes ao curso de cine teñan a opción de participar no percorrido. ler máis

  • LLUÍS LLEÓ
    por Iria el 07/02/2023 a las 4:30 pm

    31 marzo 2023 - 24 setembro 2023 Salas de exposición da planta baixa

  • Visita á exposición “GUILLERMO MONROY”
    por Iria el 07/02/2023 a las 4:18 pm

    31 xaneiro 2023 A nosa procura da arte contemporánea, e grazas á colaboración de SVT Espazo de Arte, lévanos esta vez a visitar a exposición “GUILLERMO MONROY”, na compañía do comisario da exposición, ÁNGEL CERVIÑO, o vindeiro MARTES 31 de xaneiro ás 19.00h no espazo da devandita galería (Gran Vía 129, Vigo). ler máis

  • AVANCE da programación de exposicións do MARCO para o primeiro semestre de 2023
    por Iria el 07/02/2023 a las 12:54 pm

    1 xaneiro 2023 - 30 xuño 2023 Tras a última reunión do Padroado da Fundación MARCO en 2022, e a decisión de prolongar a mostra de Francisco Leiro ata o 26 de febreiro, o Museo avanza a programación de exposicións prevista para este primeiro semestre de 2023, no que se retoman as actividades da área de Didáctica, cursos e outros proxectos tras a paréntese vacacional. ler máis

Turismo:

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Configurar y más información
Privacidad