Oleiros

Valora este page

Ayuntamiento / Concello de Oleiros

Últimas noticias:

  • O sábado inaugúrase un novo museo municipal no Castelo de Santa Cruz
    el 27/05/2023 a las 1:45 pm

    Obxectomanía é o suxestivo título que encabezará a nova exposición permanente de arte do Castelo de Santa Cruz. Unha nova iniciativa municipal para divulgar os importantes fondos artísticos públicos e achegalos á cidadanía. O acto de inauguración será o vindeiro sábado, día 1 de abril, ás 6 da tarde.

  • O domingo celébrase a Gala do Deporte de Oleiros no auditorio Gabriel García Márquez
    el 27/05/2023 a las 1:43 pm

    Un total de 58 persoas que practican 19 disciplinas diferentes serán obxecto o vindeiro domingo 2 de abril dunha homenaxe da cidadanía de Oleiros ao mundo do deporte local na Gala do Deporte do Concello de Oleiros. Será entregando un agasallo simbólico a quen destacou durante os últimos tres anos, logrando podios nos ámbitos nacionais e internacionais durante os anos 2020, 2021 e 2022.

  • Premio europeo para a praia de Bastiagueiro por levar 36 anos consecutivos con bandeira azul
    el 24/05/2023 a las 2:22 pm

    Tan só 8 municipios en toda España levan 36 anos consecutivos recibindo a bandeira azul: 7 de Valencia e Oleiros. Por este motivo, o organismo europeo ADEAC concedeu unha distinción especial ao Concello nun acto celebrado esta mañá en Cullera.

  • O programa de excursionismo e sendeirismo para persoas maiores Ven e Descubre contará con 1.170 prazas
    el 23/05/2023 a las 7:34 pm

    Decenas de veciños e veciñas participaron esta tarde no acto de presentación do programa municipal Ven e Descubre, que ofrece para este ano 2023 un total de 1.170 prazas para excursións e rutas de sendeirismo para veciños e veciñas maiores de 60 anos. Haberá 15 saídas de excursionismo e 11 de sendeirismo.

  • Publicada a guía para fomentar un uso inclusivo e non sexista da linguaxe
    el 22/05/2023 a las 2:24 pm

    No marco de implementación do II Plan de Igualdade, o Concello acaba de publicar a Guía para un uso inclusivo e non sexista da linguaxe. Con esta publicación búscase frear a transmisión de estereotipos e prexuízos sexistas a través da linguaxe.

  • Concedidos os premios do certame literario Descubrindo Oleiros
    el 22/05/2023 a las 2:00 pm

    O xurado do IX Premio Literario Descubrindo Oleiros, atendendo á corrección lingüística, á calidade textual e á orixinalidade concedeu os premios nas diferentes categorías.

  • Obradoiros infantís e xuvenís de grafitti e pintura mural
    el 21/05/2023 a las 2:18 pm

    Mañá mércores 29 de marzo abre o prazo para solicitar inscrición para os obradoiros trimestrais de grafiti infantil e xuvenil organizados polo departamento de Cultura dentro da Escola municipal de Obradoiros artísticos, e que terán lugar de abril a xuño na Escola infantil O Castaño de Perillo. A idea destes obradoiros é dar a coñecer ao alumnado a arte urbana.

  • N.E.V.E.R.M.O.R.E., teatro contemporáneo este sábado no Gabriel García Márquez de Mera
    el 20/05/2023 a las 1:54 pm

    O sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Chévere presenta a obra de teatro contemporáneo N.E.V.E.R.M.O.R.E., dirixida por Xron, coa interpretación de Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, Borja Fernández e Tone Martínez.

  • A Fábrica acolle o xoves a presentación do programa Ven e Descubre 2023
    el 20/05/2023 a las 12:27 pm

    Todas as persoas maiores de 60 anos do municipio están invitadas a acudir á presentación do programa Ven e Descubre 2023 o próximo xoves 23 de marzo, ás 20:00 horas, no auditorio do centro cultural A Fábrica. Este programa municipal engloba todas as actividades de excursionismo e sendeirismo interpretativo dirixidas ás persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros.

  • Oleiros apagará as luces o sábado para reivindicar a loita contra o cambio climático
    el 20/05/2023 a las 12:09 pm

    O vindeiro sábado, entre as 20:30 e as 21:30 horas, a iluminación da Casa do Concello, do Castelo de Santa Cruz, da avenida Ernesto Che Guevara e dos paseos da Ría, de Santa Cruz e de Mera permanecerá apagada para denunciar o cambio climático e demandar unha actuación conxunta dos estados do mundo contra este grave problema.

Agenda:

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Configurar y más información
Privacidad