Ames

Valora este page

Ayuntamiento de Ames / Concello de Ames

Últimas noticias:

  • O Concello de Ames presenta o evento tecnolóxico “Día da AMTIC”
    el 29/11/2022 a las 11:59 am

    A concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Información, Natividade González, presentou esta mañá o programa da xornada, acompañada pola técnica responsable da Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC), Almudena Caamaño, así como por José Negreira, que acudiu en representación da empresa organizadora do evento, Os Ventos. A actividade celébrase con motivo do Día mundial da informática, que se conmemora o día 9 de decembro en homenaxe a Grace Murray Hooper, muller pioneira na programación que desenvolveu varias aplicacións contables para o primeiro ordenador electromagnético do mundo. Deste xeito, o sábado 10 de decembro, celebraranse no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro unha serie de obradoiros informáticos para todos os públicos a partir das 11:00 horas, e, ademais, de 10:30 a 20:00 horas haberá instalados distintos espazos abertos con actividades permanentes, todas elas de balde. Para completar a programación, ofrécese unha charla da man do doutor José Luis Montiel, que xirará en torno ás adiccións e os videoxogos. A concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González, convidou aos veciños e veciñas de Ames a participar na xornada, e sinalou que o evento supón “un paso máis para a AMTIC, a aula da que estamos desfrutando no Milladoiro con tantas actividades neste último trimestre do ano. Non queríamos rematar o ano sen facer algo moi especial, e consideramos que é un evento tecnolóxico que se vai a achegar aos máis pequenos da casa. Tamén hai algún obradoiro, como o de administración electrónica, que estamos seguros de que aos máis maiores lles pode resultar moi interesante”. A concelleira explicou tamén que un dos principais obxectivos da actividade é que a poboación amesá poida “seguir coñecendo a aula AMTIC con obradoiros que están pensados para todos os públicos”. A técnica do departamento de Tecnoloxías da Comunicación, Almudena Caamaño, indicou que “a aula AMTIC abriu no mes de maio, e desde entón leva programando unha serie de actividades. Para o día 10 de decembro temos obradoiros centrados na propia aula de informática e os espazos abertos e permanentes, que son talleres máis lúdicos. Están pensados para todo o público, sen límites de idade. O día vaise pechar cunha conferencia, que coidamos que aborda un tema moi importante, as adiccións e os videoxogos, e será impartida por José Luis Montiel”. Pola súa banda, José Negreira, en representación de Os Ventos, dixo que “unha vez máis, o Concello de Ames aposta pola tecnoloxía e pola promoción desta aula do Milladoiro, unha demanda que xa foi atendida no seu momento coa súa creación, e que está funcionando moi ben, tanto a nivel de cursos como de asistencia na Aula Aberta”. Ademais, explicou que “o obxectivo desta cita é tanto achegar á xente aos contidos da aula como poder vivir un día en familia en torno á tecnoloxía. Para iso imos ter unha serie de espazos, talleres de impresión 3D, e talleres de administración electrónica, que son cada día máis necesarios para poder relacionarse co Concello e facilitar os trámites nesta era dixital. Por outro lado haberá un torneo de FIFA e consolas a disposición de todos os rapaces”. Programa do eventoAs actividades informáticas do espazo AMTIC darán comezo a partir das 11:00 horas cun taller de administración electrónica, que versará sobre os certificados electrónicos e como usalos, e que está especialmente enfocado na sede electrónica do Concello de Ames. De 12:30 a 13:30 e de 18:00 a 19:00 horas terán lugar dous obradoiros de impresión 3D. Neste caso, os asistentes aprenderán a empregar un sinxelo programa e poderán poñer en práctica os coñecementos adquiridos facendo as súas propias impresións. Finalmente, de 16:30 a 17:30 horas celebrarase un taller que xirará arredor do programa de edición de imaxes GIMP. Como o resto de actividades, estará aberto a todos os públicos, e poderán participar pais e fillos de maneira simultánea. Para asistir a calquera dos catro obradoiros é necesario inscribirse previamente, enviando un correo ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal, no que se indiquen o taller no que se quere participar, nome, apelidos e un teléfono de contacto. Por outro lado, os espazos abertos de actividades permanentes estarán instalados na Casa da Cultura de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, e irán desenvolvéndose ao longo do día nesa franxa horaria, segundo vaian chegando os interesados. Na aula de usos múltiples da Casa da Cultura celebrarase o taller Hama beads, un xogo enfocado a fomentar a creatividade e a mellora das habilidades motoras e lóxicas. Así mesmo, tamén se instalará un obradoiro de creación de espadas láser. Doutra banda, haberá un “espazo consolas”: no auditorio celebrarase un torneo de FIFA, mentres que no vestíbulo terá lugar a actividade “Xogando con Nintendo Switch”. Para participar no torneo de FIFA é necesario anotarse, enviando un correo electrónico ao enderezo amesenxogo@gmail.com, indicando o taller no que se vai participar, nome, apelidos e teléfono de contacto. No resto de actividades dos espazos abertos é recomendable inscribirse, aínda que permanecerán abertas ao público durante toda a xornada. O evento contará, ademais, coa conferencia “Adiccións e videoxogos. Como evitar que o meu fillo me arruine”, ás 12:30 horas. Será impartida por José Luis Montiel Castaño, que está licenciado en Medicina e Cirurxía pola USC e actualmente é responsable do servizo médico CAPD Sarria. A traxectoria profesional de Montiel está moi ligada aos videoxogos, posto que, ademais de xogador, é asesor e organizador de eventos e CEO de GG ViewSonic SimRacing Team. A entrada é libre ata completar aforo. Para máis información sobre a xornada pódese chamar ao número de teléfono 981 535 940 ou escribir ao enderezo informatica.milladoiro@concellodeames.gal. Novas relacionadas: El Correo Gallego: "Cita con la era digital y espacio para los jugones en Milladoiro el próximo día 10" AMS GO!: "A Casa de Cultura do Milladoiro acolle o sábado o 'Día da AMTIC' con motivo do Día Mundial da Informática"

  • Os nenos/as da escola municipal infantil A Madalena visitaron o centro de terapia “O fogar do meu burro"
    el 29/11/2022 a las 11:59 am

    Dar a coñecer aos máis pequenos o seu entorno inmediato de forma que poidan desenvolverse no seu día a día e aprender sobre aquilo que teñen máis próximo son os obxectivos do programa "Coñecendo o entorno máis próximo". Nesta ocasión, arredor de 60 nenos e nenas de 2 a 3 anos de idade da Escola Infantil Municipal A Madalena do Milladoiro visitaron o centro de terapia “O fogar do meu burro”, situado na aldea de Lamas, pertencente á parroquia de Ames. Os nenos e nenas da escola infantil A Madalena puideron achegarse a natureza e aos burros. Deste xeito, puideron montar neste animais, así como acariñalos e cepillalos. Pero ademais, foi unha visita na que os nenos e nenas puideron experimentar coa música e o movemento grazas á colaboración dun especialista como o músico e terapeuta, Tomas Rábanos. Durante a xornada, os cativos e cativas tamén participaron na construción dun instrumento con material de refugallo, e escoitaron unha canción tocada cun instrumento traído de Exipto.

  • As persoas maiores serán as protagonistas da charla impulsada pola Cruz Vermella sobre a prevención de roubos e estafas
    el 29/11/2022 a las 11:59 am

    O principal obxectivo desta actividade é sensibilizar á poboación sobre algúns dos problemas cos que se encontran as persoas maiores e promover un trato correcto e xusto para con elas. Para elo, o sarxento da Garda Civil, Luís López, porá o aceno nunha cuestión tan cotiá como son as estafas e abusos que se dirixen aos maiores, ao tempo que tentará ofrecer unha serie de consellos para evitar caer neste tipo de accións. Tamén se ofrecerá información sobre algúns dos roubos, estafas e timos máis comúns e poranse exemplos de como se desenvolven. Ao longo da tarde, ofreceranse tamén unha serie de consellos encamiñados a previr ou evitar caer neste tipo de situacións, entre elas a aplicación “AlertCops”, un servizo de alertas de seguridade cidadá deseñado polas forzas de seguridade estatais para facilitar a atención en situacións de risco. Os e as asistentes poderán expoñer as súas vivencias e consultar todas as dúbidas que lles xurdan. A entrada será libre e gratuíta ata completar aforo. As persoas que non poidan acudir nesta ocasión terán unha segunda oportunidade o mércores 19 ás 17.30h na Casa da Cultura de Bertamiráns. Promoción do trato adecuado e protección fronte ao maltrato Este faladoiro, titulado Prevención de roubos, estafas e abusos en persoas maiores, está organizado pola Cruz Vermella ao abeiro do seu programa provincial Bo trato ás persoas maiores: promoción do trato adecuado e protección fronte ao maltrato. Esta iniciativa ten como obxectivo o de promover e sensibilizar á poboación, en especial ás persoas maiores de 65 anos, sobre o trato adecuado e o recoñecemento dos seus dereitos, para evitar que estes sexan vulnerados. Asemade, mediante diversas accións, a organización busca apoiar e acompañar aos maiores que se atopan en situación e trato inadecuado ou maltrato para superar esa etapa a través de charlas, talleres, apoio psicosocial, mediación e/ou asesoramento; así como previr este tipo de situacións mediante a capacitación e empoderamento dos maiores. Así, ao abeiro deste programa, tense previsto desenvolver unha segunda charla en Ames sobre a protección xurídica dos maiores. Titulada Pensa no teu futuro... decide ti, ofrecerase información sobre as medidas de protección xurídica que poden ser adoptadas con respecto ao futuro, como poden ser a tutela, curatela, testamento vital, autoinstrucións, garda de feito, patrimonio protexido ou hipoteca inversa, entre outros conceptos. O encargado de conducir este faladoiro, para o que aínda non hai unha data pechada, será un xuíz xubilado do Tribunal Contencioso-Administrativo da Coruña.

  • Este domingo, 2 de xuño, dispútase o XXXVIII Trofeo de fútbol Concello de Ames
    el 29/11/2022 a las 11:59 am

    Como cada ano, antes de finalizar a tempada, o Concello de Ames, en colaboración cos clubs de fútbol federados do concello, organizaron o Trofeo de Fútbol Concello de Ames. Este campionato xa está consolidado no municipio amesá posto que xa se levan organizadas trinta e oito edicións. Neste torneo participan os equipos federados de Ames que teñen equipo sénior. Este ano son tres os equipos que participan nesta competición (Biduído SR, Bertamiráns FC e mailo Milladoiro SD). Durante este temporada o Bertamiráns FC competiu na primeira autonómica, o Milladoiro SD en segunda, e o Biduído SR en terceira. Dito torneo disputarase no campo de fútbol municipal do Milladoiro. Nesta edición do Trofeo de fútbol optouse por xuntar toda a competición nun mesmo día cun formato triangular, no que os tres equipos participantes enfrontaranse entre si. Cada equipo disputará dous partidos de 45 minutos. Despois de cada encontro haberá que disputar unha quenda de cinco penaltis. Ás 17.30 horas disputarase o primeiro partido entre o Bertamiráns FC e mailo Milladoiro SD. A continuación, ás 18.30 horas, xogarase o segundo partido entre o Biduído SR e o Bertamiráns FC, mentres que o terceiro partido do triangular disputarase ás 19.30 entre o Milladoiro SD e o Biduído SR. O equipo que máis puntos sume será o gañador do torneo. A entrada ao campo é gratuíta. Para este torneo os equipos poden contar cos xogadores que xa tiñan fichados para as súas respectivas ligas. Cada club puido inscribir para este trofeo un máximo de 25 xogadores e tivo que presentar, xunto coa solicitude de inscrición, a copia de todas as fichas que inscribiu. Ademais, estará permitido xogar con cadetes maiores de 15 anos, aínda que o club non dispoña de equipo en categoría xuvenil.

  • O Pazo da Peregrina será accesible grazas as obras da segunda fase de mellora da accesibilidade universal en edificios públicos de Ames
    el 29/11/2022 a las 11:59 am

    Este proxecto municipal de mellora da accesibilidade desenvolve e concreta a definición das obras de accesibilidade que se van executar en varios dos edificios públicos de Ames, para adaptar á normativa vixente tanto o entorno próximo de achegamento aos edificios, o seu acceso e a utilización interior dos espazos tanto en itinerario vertical como horizontal, así como o uso dos servizos públicos para todas as persoas sen discriminación. A través das obras que se van executar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns resólvese inicialmente o aparcamento adaptado exterior, a adaptación do paso de peóns máis próximo, e a incorporación ao complexo de modo accesible e adaptado mediante a execución de rampla exterior nova. Contémplase tamén a incorporación adaptada á Casa da Froita cun cortaventos acristalado e a execución dunha rampla no pavimento existente exterior para evitar o escalón actual. Para acceder á Casa dos Caseiros e á Capela executarase unha rampla externa. O acceso ao edificio do Pazo da Peregrina executarase no mesmo pavimento de planta curva cun novo pavimento idéntico ao actual coa pendente adecuada e adaptada para anular os escalóns de incorporación. No interior dos edificios só se contempla a actuación no Pazo da Peregrina, resolvendo o itinerario vertical coa execución no espazo adxacente á escaleira dun elevador adaptado con envolvente acristalada cunha estrutura lixeira metálica de perfís. Na planta baixa varíase o núcleo de aseos e créase un aseo adaptado en cada planta, coa inserción de portas adaptadas, mobiliario de uso público, pavimentos e revestimentos. Asemade, en cada edificio do complexo ubicarase un panel informativo adaptado e, no caso da Casa da Froita, colocarase un mostrador de dimensións adaptadas para atención cidadá. Oficinas xerais do Milladoiro A segunda fase das obras de accesibilidade universal en edificios públicos do concello contempla tamén a actuación na planta baixa das Oficinas Xerais do Milladoiro (Servizos Sociais e Atención Veciñal) Así, facilitarase o itinerario vertical substituíndo a escaleira existente por outra, de xeito que permita executar unha plataforma elevadora adaptada e a súa envolvente acristalada. A distribución modifícase variando os núcleos de aseos nas dúas plantas e creando un aseo adaptado en cada planta. Asemade, adaptarase o resto de espazos coas variacións de carpintería, tabiquería precisa para insertar portas adaptadas, mobiliario de uso público, panel informativo adaptado e unha axuda técnica para persoas xordas na atención cidadá principal. Investimento en accesibilidade Esta segunda fase das obras de accesibilidade universal en edificios públicos de Ames súmase a outras actuacións que, en materia de accesibilidade, se desenvolveron nos últimos catro anos. Así, son máis de 500.000 euros os que xa se investiron en actuacións en varias instalacións do Milladoiro (parque infantil adaptado, oficinas xerais, biblioteca, piscina municipal, Travesía do Porto, e nos pasos de peóns); na Casa do Concello; praza do Concello; e na praza da Maía, en Bertamiráns; así como nas instalacións da praia fluvial de Tapia. Ademais, están previstos traballos de mellora da accesibilidade na rúa Agro do Medio, no Milladoiro; no pavillón polideportivo do Milladoiro; e nas rúas do Milladoiro e Bertamiráns, a través do plan Impulsa Ames da EDUSI. En breve tamén se licitarán as do pavillón de Bertamiráns.

  • O Concello de Ames abre o prazo para solicitar os carnés de usuario/a das piscinas municipais descubertas
    el 29/11/2022 a las 11:59 am

    Ante a próxima apertura das piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e O Milladoiro, o 15 de xuño, a Concellaría de Deportes abre este luns, 3 de xuño, o prazo para facerse co carné de usuario destas instalacións. Para solicitar a tarxeta de usuario é preciso presentar a solicitude cuberta, unha foto actualizada orixinal tamaño carné por cada usuario novo ou carné do ano anterior se fose o caso, e a folla de autoliquidación selada pola entidade bancaria. Esta última poderá solicitarse nas oficinas de recadación ou no correo electrónico ames@canaltributos.com. Os/as usuarios/as tamén poderán tramitar directamente a súa autoliquidación na páxina web municipal seguindo as instrucións anexas baixo o apartado de descargas. Debido ao elevado número de solicitudes o Concello solicita que as/os usuarias/os eviten, na medida do posible, ter que acudir ás oficinas municipais e que se descargue a documentación desde a propia páxina web, así como solicitar a folla de autoliquidación por correo para despois facer o correspondente pago. Para este verán, ofértanse varios tipos de abono: o familiar de tempada (no que se inclúen pais e fillos menores de 18 anos, e engadirá aos fillos menores de 25 anos cando estes non dispoñan de ingresos propios) que custará 20 euros; o individual para toda a tempada, de 14 euros, e o abono de tempada para menores de idade, de 7 euros. Tamén haberá abonos mensuais, de 7 euros para maiores de idade e de 5 euros para menores de 18 anos, ademais de facilidades para familias numerosas e con poucos recursos. Neste sentido, o terceiro irmán/a en abono, menor de 18 anos, terá unha redución do 50%. Os menores de 4 anos quedan exentos de pago. Os interesados/as poden solicitar información e os impresos na Casa da Cultura do Milladoiro, no teléfono 981 535 940, ou na Oficina de Deportes de Bertamiráns (Casa do Concello), no teléfono, 619 842 504, en horario de luns a venres entre as 9:00 e as 14:00 horas. Tamén se pode descargar o impreso premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas. O único requisito imprescindible para conseguir o carné é estar empadroado no Concello de Ames. A apertura das piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro está prevista para o 15 de xuño. Permanecerán abertas ata o 15 de setembro, en horario de 11.00 a 21.00 horas.

  • O grupo municipal de teatro de Ames estrea o venres, 7 de xuño, a obra “Criaturas” de Roberto Vidal Bolaño
    el 29/11/2022 a las 11:59 am

    A obra Criaturas estrearase este venres, 7 de xuño, na Casa da Cultura do Milladoiro ás 21:00 horas. As entradas, que son de balde, están dispoñibles na Billeteira electrónica municipal ata dúas horas antes da función. Porén, o 10% dos convites resérvanse para entregar, de xeito presencial, desde unha hora antes do comezo do espectáculo. Como máximo poden obterse 4 convites por persoa. A trama da peza xira arredor de Frankenstein, que na súa derradeira viaxe, vaise cruzando cunha serie de personaxes anónimas coas que todas e todos, convivimos diariamente e coas que nos relacionamos con total naturalidade. Trátase dunha comedia ácida que nos fará plantexarnos quen é máis criatura, se o monstro ideado por Mary Shelley ou a xente coa que se atopa. Dirixida por María Ordóñez, a obra será interpretada polas actrices e actores do grupo municipal de teatro de Ames. Desta maneira, conforman o elenco Pablo Núñez, Patricia López, Eva García, Antía Villarino, María Jesús Pena, Carlos Labraña, Emilia Mayo, Chiruca Tarrío, Noemí Graña, Paz Romai e Pilara Gómez.

  • Abre o prazo de inscrición para participar na campaña de vela que organiza a Deputación da Coruña este verán
    el 29/11/2022 a las 11:59 am

    De cara ao verán, a Deputación Provincial da Coruña pon en marcha unha campaña de vela, cuxo obxectivo é achegar os deportes de auga ás nenas e nenos da provincia. A iniciativa constará de seis quendas dunha semana de duración cada unha, e estenderase do 1 de xullo ao 9 de agosto. Así, nesta actividade poderán inscribirse todos os nenos e nenas de 9 a 18 anos empadroados nalgún dos concellos da provincia da Coruña, se ben terán prioridade os rapaces/as empadroados nos concellos onde se desenvolverán os cursos de vela. Para participar é obrigatorio saber nadar. Os cursos terán unha duración de cinco días e neles participarán dous grupos de mozos/as. O primeiro acudirá á formación na quenda de mañá, que se desenvolverá de 10.00 a 14.00 horas, mentres que o segundo o fará de tarde, entre as 16.00 e as 20.00 horas. Así, durante o curso, os e as participantes iniciaranse nos principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela, e realizarán un curso básico da elaboración de nós mariños. A incorporación e regreso ás instalacións náuticas onde se desenvolverán os cursos correrá por conta dos participantes. Dita actividade desenvolverase nun total de seis concellos. Así, comezará o 1 de xullo en Boiro, concello ao que seguirán os municipios de Outes, Fisterra, Malpica de Bergantiños, A Coruña e Ortigueira. Os rapaces e rapazas que queiran participar nalgún dos seis cursos organizados ao abeiro desta campaña deberán formalizar a inscrición nos concellos participantes dentro da data especificada no folleto informativo segundo a quenda elixida. Este documento pode consultarse na ligazón dispoñible á dereita desta nova, baixo o apartado de descargas. Tramitación das inscricións A inscrición deberá ser formalizada nos rexistros municipais dos concellos participantes, de luns a venres, en horario de 09.00h a 14.00 horas, entregando o impreso de inscrición debidamente cuberto e asinado polos proxenitores ou as persoas titoras da moza ou mozo solicitante. Á hora de realizar a inscrición, tamén se deberá facer entrega do certificado de empadroamento, dunha fotocopia do libro de familia ou do carné de identidade, e unha copa do xustificante de abono da cota de inscrición, unha vez confirmada a praza por parte do Concello. A adxudicación de praza realizarase por orde de inscrición. No caso de que algunha nena ou neno participante precise dun tratamento específico ou sufra dalgunha doenza que haxa que ter en conta, haberá que achegar un xustificante médico asinado polo facultativo pertinente. Tamén é importante especificar as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo. Para máis información pódese acudir á páxina web www.dacoruna.gal/deportes da Deputación da Coruña.

  • Apróbase o expediente de licitación para a adquisición de dúas parcelas para a ampliación de dotacións educativas e deportivas en Bertamiráns
    el 29/11/2022 a las 11:59 am

    Actualmente, o Concello non dispón de parcelas de titularidade municipal de superficie necesaria para a ampliación dos equipamento do CEIP A Maia e IES Ames de Bertamiráns, polo que se fai necesario a adquisición de dita superficie. Outra opción sería destinar parte deste chan para a ampliacións das instalacións deportivas de Bertamiráns. As parcelas que se propoñen adquirir resultan idóneas para a finalidade pretendida de ampliación dos centros docentes e instalacións deportivas. Dita superficie, no caso de ser finalmente adquirida, destinaríase a aparcadoiro de uso público, mentres non se levasen a cabo as obras proxectadas. Dende o Concello sinalan que para a ampliación dos equipamentos educativos existentes en Bertamiráns soamente existe unha zona vacante de edificación, lindeira de xeito directo co equipamento existente e que se entende como a zona máis propicia para a ampliación do equipamento. Esta zona está recollida no documento de avance do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para a ampliación do CEIP A Maía en Bertamiráns e corresponde coas fincas que se pretenden adquirir. Esta actuación está motivada pola forte demanda existente de prazas educativas en Bertamiráns e que en previsión de futuras ampliacións dos centros escolares CEIP A Maía e IES de Ames, o Concello precisa a dispoñibilidade de terreos no entorno de ambos centros de ensino. Neste senso estase tramitando un plan especial que xa foi informado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático con data 2 de outubro de 2018. No referido plan, inclúense os terreos que se pretenden adquirir e que son obxecto de dito expediente de adquisición. O Plan Especial recolle como obxectivos do mesmo a ampliación do CEIP A Maía, por dispoñibilidade de solo para novos equipamentos educativos; a integración da nova edificación resultante no contorno; a ampliación en continuidade co equipamento xa existente; a integración no medio rural circundante e a previsión dunha zona de aparcadoiro. O referido avance de Plan Especial obtivo Resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático na que se conclúe que non se somete ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria o referido plan especial. Posteriormente, foi remitido ao Concello de Ames para poder continuar coa súa tramitación administrativa. O concello non dispón de ningunha parcela da súa titularidade de forma contigua as instalacións educativas de Bertamiráns xa que polos outros lindeiros as dotacións educativas coinciden con viarios xa existentes. No caso do terreos existentes na marxe sur están ocupados con edificacións que farían máis custosa a finalidade pretendida xa que conlevaría a necesidade de indemnizar aos propietarios das vivendas, ademais dos custes de demolición.

  • Este venres, 31 de maio, celébrase a festa de clausura das escolas deportivas municipais nos pavillóns polideportivos e na pista exterior da área deportiva do Milladoiro
    el 29/11/2022 a las 11:59 am

    Este ano, ao igual que nas últimas edicións, a festa de clausura das escolas deportivas desenvolverase en distintas instalacións municipais de Bertamiráns e do Milladoiro. No pavillón polideportivo do Milladoiro haberá actividades en tres zonas diferentes: pista, ximnasio e sala de spinning. As exhibicións comezan as 16.30 horas cos nenos e nenas participantes en ximnasia rítmica. Media hora despois, ás 17.00 horas, será a quenda dos rapaces e rapazas de ballet. Ás 17.30h haberá demostracións de judo e predeporte, mentres que de 18.00 ata as 19.30 horas faranse partidos de baloncesto. No ximnasio do pavillón do Milladoiro, de 16.30 a 18.00 horas, haberá exhibicións de xadrez, e de 18.00 a 19.30 horas, impartiranse clases abertas de ioga. Na sala de spinning deste mesmo pavillón impartiranse clases abertas de spinning, de 18.00 a 19.30 horas. Tanto de ioga coma de spinning, haberá tres sesións distintas de media hora. Na pista exterior da área deportiva do Milladoiro haberá partidos demostración de fútbol sala e tenis. Primeiro será a quenda dos rapaces e rapazas das escolas deportivas do Bertamiráns FC, e de seguido, saíran a pista a xogar os/ rapaces e rapazas das escolas deportivas do Milladoiro SD. Por último, xogarán os/as usuarios/as das escolas deportivas de tenis. Pavillón polideportivo de Bertamiráns Por outra banda, no pavillón polideportivo de Bertamiráns haberá dúas zonas con distintas demostracións. Na pista do pavillón faranse partidos exhibición de voleibol, de 17.00 a 17.30 horas; patinaxe, de 17.30 a 18.30; e partidos de fútbol sala feminino, de 18.30 a 19.30 horas. Na pista squash impartiranse clases abertas deste deporte entre as 17.00 e as 18.30 horas. Deste xeito, dende o Concello e coa colaboración da empresa Serviplus, que xestiona as escolas deportivas, organizarase un evento familiar e festivo no que haberá distintas exhibicións deportivas e clases abertas de ioga, spinning e squash.

Avisos:

  • Obradoiro Ames – PBB Godoy Maceira (Liga EBA de baloncesto): ségueo en directo en Youtube
    el 29/11/2022 a las 11:59 am

    O filial do equipo obradoirista pasou a denominarse Obradoiro Ames e a mudar a súa sede ao Milladoiro tras un acordo entre o Concello de Ames, o Monbus Obradoiro e a Fundación Obradoiro. Ademais de que o filial dispute os seus partidos como local na vila amesá, o acordo inclúe outros beneficios, como un 10% de desconto acumulable nos abonos do Monbus Obradoiro, invitacións para partidos da Liga ACB, a celebración dun adestramento-exhibición do primeiro equipo no Milladoiro, ou a colaboración entre o Obradoiro CAB e a AD Básquet Ames. Ademais de poder asistir de balde ao partido, que se disputará no pavillón municipal do Milladoiro, a veciñanza e as afeccionadas e afeccionados obradoiristas poden seguir este e todos os encontros que xogue o Obradoiro Ames como local no Milladoiro, a través da canle de Youtube do Concello de Ames.

  • Resultado do sorteo de prazas para a Escola Municipal e Música de Ames
    el 29/11/2022 a las 11:59 am

    Dende a EMMA poranse en contacto con cada unha das persoas que obtiveron praza, para que no prazo máis breve posible confirmen os horarios que elixen entre os que se lle ofrecen. Coas persoas que non obtiveron praza elabórase unha lista de agarda. Ditas persoas serán avisadas no momento que haxa unha praza dispoñible.

  • Este sábado, 14 de novembro, o mercado de rúa volve a súa antiga ubicación no centro de Bertamiráns
    el 29/11/2022 a las 11:59 am

    O mercado de rúa de Bertamiráns, despois do confinamento, localizouse temporalmente na rúa do Sar, un emprazamento con dous carrís, sen construcións aos lados, que permitiu o desenvolvemento correcto da actividade tal e como obrigan as normas sanitarias e dita o regulamento da Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola Covid-19. A decisión deste cambio respondía á necesidade de cumprimento dunha serie de normas hixiénico sanitarias derivadas da loita contra a pandemia e tomouse tamén de xeito consensuado con representantes do colectivo e coa asociación de comerciantes de Bertamiráns XEA, co obxectivo de que puidesen estar no mercado o 100% dos postos. Esta decisión tomouse co fin de garantir a actividade do comercio ambulante e permitir a actividade que, a tenor das medidas aplicadas no estado de alarma, se tivo que interromper. Coa chegada do outono, o comercio ambulante precisa para o desenvolvemento óptimo da súa actividade localizacións que o protexan das inclemencias meteorolóxicas e a rúa do Sar non cumpre os requisitos de gorecer o mercado do vento e a chuvia.

  • O Servizo de Normalización recolle sinaturas para á creación da canle Xabarín na CRTVG
    el 29/11/2022 a las 11:59 am

    O Concello de Ames, a través do Servizo de Normalización Lingüística, colaborará coa Mesa pola Normalización Lingüística na recollida de sinaturas de apoio á iniciativa popular coa que se solicita  a creación da canle “Xabarín” na CRTVG. As persoas que queiran apoiar esta iniciativa coa súa sinatura poderán facelo no Servizo de Normalización Lingüística, situado no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, de luns a venres entre as 09:00 e as 14:00h. A iniciativa pretende conseguir que a Corporación de Radio de Televisión de Galicia aumente a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade nas televisións públicas a través dunha canle “Xabarín”, con programación dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñible en todas as plataformas de contidos audiovisuais, así como con aplicacións actualizadas que conten con programas e xogos co fin de garantir a presenza de contidos atractivos e de éxito, xunto con propostas educativas e de produción galega. A proposta solicita tamén a opción de visualizar a programación da Radio Televisión Española dobrada ao galego, e insta á Xunta de Galicia a chegar a acordos con empresas do ámbito audiovisual como Movistar, Netflix ou HBO co fin de garantir a opción dobrada e subtitulada ao galego en todas as plataformas dixitais de televisión. Todas estas demandas recolleranse na Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular Xabarín. Para conseguir que este proxecto chegue a debaterse no Parlamento cómpre un mínimo de 2.500 sinaturas. Máis de 250 establecementos de toda Galicia, entre eles o Servizo de Normalización de Ames, colaboran xa na recollida de sinaturas.

  • EMPREGO: Proceso selectivo para a contratación de dous ou dúas peóns para a brigada de xestión e repoboación forestal
    el 29/11/2022 a las 11:59 am

    O departamento de Persoal do Concello de Ames vén de publicar a convocatoria do exame, da plantilla coas respostas e o resultado do primeiro exercicio da proba de oposición (cuestionario tipo test)da fase de oposición para a selección e contratación de dous-dúas peóns para a formación dunha brigada de xestión e repoboación forestal.   Accede a dita convocatoria para consultar as fases do proceso selectivo.

  • EMPREGO: Proceso selectivo para a contratación dun/dunha responsable da brigada de xestión e repoboación forestal
    el 29/11/2022 a las 11:59 am

    O departamento de Persoal do Concello de Ames informa sobre o resultado do exame do primeiro exercicio da fase de oposición e da plantilla coas respostas correctas do proceso selectivo dun/dunha responsable de brigada para a formación dunha brigada de xestión e repoboación forestal do Concello de Ames.   Accede a dita convocatoria para consultar as fases do proceso selectivo.

  • EMPREGO: Proceso selectivo para a cobertura dunha praza de auxiliar- notificador
    el 29/11/2022 a las 11:59 am

    Trátase dun proceso selectivo para a cobertura dunha praza de axudante de servizos varios – auxiliar notificador/a contida na oferta de emprego público do Concello de Ames de 2018 para a estabilización do emprego temporal. Consulta a proposta de nomeamento do axudante de servizos varios-auxiliar notificador e malia bolsa de traballo temporal. Accede ao apartado de procesos selectivos

  • Posible devolución do importe das cotas das Escolas municipais deportivas e culturais do Concello
    el 29/11/2022 a las 11:59 am

    Establécense dúas opcións: 1.-Por unha banda aquelas persoas que teñan decidido que NON VAN A PARTICIPAR NAS ESCOLAS DE AMES NO CURSO 2020/2021, poderán solicitar a devolución das cantidades abonadas dende este momento a través do Rexistro Xeral (ben na Sede electrónica ou de xeito presencial solicitando cita previa).Esta opción implica a perda da praza para este curso. 2.-Aquelas persoas usuarias que decidan agardar ao comenzo das escolas (a día de hoxe e debido a situación actual, non hai data prevista) poderán solicitar a devolución da cantidade proporcional polos meses non desfrutados unha vez que se recupere a actividade nas Escolas. *As persoas que soliciten a devolución das cotas por rexistro deben achegar un certificado de conta da persoa que fixo o ingreso.

  • Axudas ao alugueiro para establecementos de lecer nocturno pechados pola Covid-19
    el 29/11/2022 a las 11:59 am

    Para máis información pódese chamar, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ao número de teléfono 649 562 727 ou enviar un correo electrónico ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal.

  • A biblioteca e a Aula de estudo de Bertamiráns permanecerán pechadas durante dúas semanas por obras
    el 29/11/2022 a las 11:59 am
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Configurar y más información
Privacidad